AUGAS NON TRATADAS
En Tecnatur somos especialistas en potabilizar augas naturais (pozos, mananciais, etc.). En caso de contaminación por filtración de fecais, metais pesados, residuos químicos, etc. podemos recuperar esas augas mediante as técnicas máis avanzadas para conseguir a potabilidade total sen perder as propiedades das augas orixinais.
AUGAS TRATADAS
As augas xa tratadas de traídas municipais son potables pero pode mellorarse moito a súa calidade. Ter unha auga de calidade, fresca e de bo sabor evitaría o consumo de augas embotelladas, cuxo impacto ambiental e económico é moi negativo debido ao uso excesivo de plásticos. Ofrecemos unha auga máis económica e saudable tanto para as persoas como para o planeta.
AUGA PARA EMPRESAS
Os actuais dispensadores de auga para espazos públicos implican o uso de pesados botellóns de plástico que son caros e antiecolóxicos xa que supoñen transportes, uso de plásticos, refugallos, augas estancadas, etc. En Tecnatur ofrecemos dispensadores de auga de modernos deseños que permiten o uso da auga da rede eliminando os plásticos, transportes, refugallos, almacenamento, pesadas cargas, etc. ao tempo que son moito máis económicos.
Tecnatur
Tecnatur é unha empresa especializada en tratamentos de auga con traballos en toda Galicia e fóra da comunidade.
Ao longo de máis de 20 anos fumos implementando tódolos novos métodos de traballo o que nos fai dispor dos sistemas de tratamento máis modernos e máis avanzados tecnoloxicamente para obter os mellores resultados nos tratamentos de auga co de volver á orixe: augas puras e naturais como as que beberon nosos antepasados, sen restos de contaminación.
Tratamento e análise de augas en toda Galicia grazas a Tecnatur